Alternativa Galega de Esquerda asegura que a Lei de inclusión para Galicia que pretende aprobar o Partido Popular é a lei da desesperanza e a miseria coa que a o goberno galego deixará morrer a milleiros de persoas que están xa por debaixo do limiar da pobreza.

Pero se o texto proposto polo goberno galego era xa de por si inadmisible, as emendas engadidas polo grupo parlamentar do PPdeG empeoran aínda máis a Lei convertendo a proposta nunha absoluta aberración. Así atopámonos cunha Lei de inclusión social que contempla unha axuda para o aluguer de 53 euros, inclúe a derrogación da Lei de erradicación do chabolismo, deixan fóra unha parte importante da poboación ao incluír a obriga de que sexan maiores de 25 anos obviando a aqueles que teñan entre 18 e 25 anos, ou obrigando aos maoires de 65 anos a acudir a unha xubilación non contributiva con requisitos aínda máis inaccesibles. A estas xa de por si inhumanas condicións, engádese a exclusión de todas aquelas persoas en situación irregular no noso país. “A hipocrisía é tal que choran polos falecidos en Lampedusa mentres no noso país deixan morrer a milleiros de inmigrantes nas nosas rúas negándolle ata unha axuda de emerxencia” lamentou o deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo.
![]() |
Desde Alternativa Galega de Esquerda denuncian que o único obxectivo que persegue o PP é acabar coa pequenísima rede de servizos sociais existente e poñer a pobreza en mas das empresas que o único que buscan é beneficio sen lles importar o máis mínimo as condicións de vida das persoas.
Ante esta falla de humanidade amosada polo PP, Alternativa Galega de Esquerda iniciou unha serie de contactos con diversos colectivos para elaborar unha proposta de Lei de renda básica universal que garanta uns mínimos para os milleiros de persoas que están por debaixo do limiar da pobreza no noso país na que se incluirán entre outras propostas eximir do pago de determinadas taxas municipais, ou o pago as grandes multinacionais polo servizo de auga ou luz.
De costas á realidade e desoíndo aos cidadáns
O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, denunciou así mesmo na rolda de prensa a actitude hipócrita e o xeito fascista de actuar do PPdeG que non admitiu nin unha soa das 38 emendas presentadas de Alternativa Galega de Esquerda desoíndo a unha grande parte da poboación que elixiu aos deputados deste grupo parlamentar como os seus lexítimos representantes no Parlamento de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario